Cambados celebra a II edición da carreira solidaria San Silvestre, organizada polo clube de atletismo de Cambados en colaboración co Concello e que estará amadriñada pola deseñadora Eva Soto Conde.
O fin da San Silvestre é solidario, e por tal motivo, quen queira inscribirse deberá aportar un kilo de calquer alimento non perecedoiro, que serán doados a Cáritas de Cambados.
A San Silvestre encherá as rúas do centro de Cambados dende as 16:30 horas da tarde do día 31 de decembro.
Nesta edición da San Silvestre haberá 3 categorias nas que poderán participar nenos de entre 3 e 13 anos, con perrocorridos de 100, 400 e 800 metros de distancia.
Na categoria absoluta participarán todos os atletas con máis de 14 anos. O percorrido será de 5 kilometros, completando dúas voltas polo centro da vila e terá un custe de inscripción de 1 euro.
A saída e meta da carreira será na Praza do Concello e o remate haberá chocolate con rosca para todos os asistentes e sorteos de lotes de nadal.
Ademáis tamén haberá un inchable para que os participantes poidan deixar os seus nenos mentras realizan a proba.
As inscripcións poden facerse na páxina www.prueba-t.es ata a medianoite do 29 de decembro.
A II San Silvestre de Cambados, ainda que é de caracter solidario, tamén outorgará premios de lotes de nadal ós primeiros clasificados.
E para non perder o carácter festivo de esta carreira, os participantes que vaian disfrazados tamén obtarán a premios ó mellor disfraz.
Explicaba todos os detalles o presidente do clube de atletismo de Cambados, Fernando Patricio Ruiz, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado do concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, e da madriña da proba, Eva Soto Conde, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.