Cambados abre o próximo luns día 7 de decembro a súa programación de nadal, con numerosas actividades lúdicas pensadas sobre todo para os máis pequenos.
Como novidade, este ano o Parque de Atraccións do Salón Peña prolóngase ao longo de 7 días, dende o 23 ao 31 de decembro con entrada de balde.
Desta volta, ademáis dos habituais inchables, completarase con talleres, xogos e música que serán coordinados polos alumnos do obradoiro de animación sociocultural que se está a impartir en Cambados.
Tampouco faltarán a Visita de Papa Noel o día 24 pola tarde no Salón Peña, a celebración das 12 badaladas con Lacasitos na Praza do Concello o 31 ás 12 do mediodía, e a Cabalgata de Reis o 5 de Xaneiro a partir das 17 horas.
Aos actos programados para este Nadal tamén se suma un ano máis a Asociación de Comerciantes Zona Centro, que participará na campaña de recollida de xoguetes, , “Cada neno un Xoguete”, que se iniciará este vindeiro luns día 7, no Concurso de Postais de Nadal entre os alumnos dos centros educativos de Cambados, e, como ven sendo habitual, na súa propia Campaña con sorteo de 1.200 euros en Vales.
Os detalles explicábanos o portavoz do goberno local, Xurxo Charlín, e o presidente de Zona Centro, Juan Rey, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.