Alberto Varela retomará as negociacións cos grupos da oposición para sacar adiante o organigrama do seu executivo.
Despóis de que o primeiro pleno da corporación tumbase a súa proposta económica, o alcalde de Vilagarcía está disposto a reunirse de novo con todos os grupos, pero apelando ó sentido da responsabilidade da oposición.
I e que nin o salario do alcalde, nin as liberacións e cargos de confianza, nin tampouco as retribucións por asistencias a plenos e comisión mereceron o voto favorable da sesión organizativa.
Tal como anunciaran, PP, Esquerda Unida e Somos Maioría votaron en contra da proposta do PSOE, ó non consideralo acorde cos tempos que corren.
O úico apoio que recibiu o grupo de gobernó foi o do BNG, mediante a súa abstención.
Agora, Alberto Varela debe equilibrar unha situación que pasará por novas negociacións.
O alcalde considera que o plasmado no pleno de onte é “un intento de demostración por parte da oposición de que este gobernó está en minoría”
Sigue mantendo o rexedor que a súa proposta económica é moi razoable e avanza que “estamos dispostos a chegar a acordos pero sen a imposición da forza menos votada”.
Así nolo decía Alberto Varela en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, en conversa con Alba Piñeiro.