O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, deu a coñecer esta mañá a estructura definitiva do gobierno que presidirá durante os próximos cuatro años.
Confirmou que contará con cinco edís liberados, que son o propio Alberto Varela, Tania García, Sonia Outón, Lino Mouriño e Paola María Mochales.
O salario dos edís liberados todavía está por determinar, pero estará compensado pola reducción do número de persoal de confianza.
O novo goberno prescindirá de alomenos un dos tres cargos de confianza que existían no executivo de Tomás Fole, para reforzar as liberacións sen rebasar os custes en persoal do anterior mandato, que supoñían un 2% do presuposto anual.
A intención de Alberto Varela é manter os gastos en persoal do goberno anterior, que rondaba os 256.000 euros.
Para elo a distribución das diferentes retribucións terá que ser modificada, posto que as liberacións pasan de tres a cinco.
En canto ó soldo do alcalde, será o mesmo que percibía o seu predecesor, e que rondará os 50.000 euros.
No que se refire ó reparto de áreas, o alcalde non terá competencia delegada e será o encargado da coordinación do seu equipo .
Tania García, ademáis de ser a portavoz municipal, tamén levará Benestar Social e Igualdade, onde se inclue o departamento da Muller.
A Sonia Outón corresponderanlle os departamentos de Cultura, Xuventude e Persoal, mentres que a Lino Mouriño Servizos e Relacións Veciñais.
A área de Economía e Facenda estará dirixida por Luz María Abalo, Paola María Mochales asumirá o área de Urbanismo, José Antonio Pérez Callón Policía Local, Seguridade e Promoción Económica e Miro Serén responsabilizarase de Educación e Deportes.
Os detalles da composición do seu goberno dábaos Alberto Varela nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.