O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán respondeu esta mañá á denuncia presentada polo PSOE de Vilanova ante a xunta electoral motivada polos anuncios de obras e suposta utilización de publicidade institucional por parte do Partido Popular de Vilanova, ó considerar que se está "atentando contra o dereito de igualdade".
En concreto, os socialistas sinalanos anuncios realizados nos medios de comunicación das obras que se realizar no pabillón municipal e no Terrón, ós que tamén suman á visita realizada a semana pasada polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, ó dique de abrigo do peirao vilanovés.
Desde a formación que lidera Javier Dios, consideran que o candidato do Partido Popular e actual alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, "está utilizando as institucións de forma electoralista”.
Na súa resposta, o rexedor vilanovés asegurou esta mañá que “as obras se realizan cando chega a financiación”, independementente do momento do ano, coincidindo desta volta con período electoral.
Calificou de “incoherente” á formación socialista por pretender no seu programa “inaugurar as obras que agora critican” e auguroulles un mal resultado electoral polo “división interna” que, segundo Durán, padece o PSOE vilanovés.
As declaracións do alcalde de Vilanova recollémolas en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.