A Asociación Cambados Zona Centro pon en marcha a IV edición do concurso “De pinchos, ….por Cambados ”, que se celebrará os vindeiros días 29, 30 e 31 de maio.
Desta volta, serán oito establecementos de hostalería participantes, que servirán, cada un deles dous pinchos, ó prezo de 1€ a unidade. Os pinchos poderanse degustar en horario de 12.00 a 15.00h. e de 20.00 a 22.30h.
Cada local participante poñerá a disposición dos seus clientes as papeletas de votación, nas que se deberán valorar do 1 ao 5, cada un dos pinchos, entendendo 5 como a máxima puntuación.
Como novidade, esta edición contará cun xurado, que estará formado por un representante da hostalería local, un representante do Concello, e un representante da asociación Cambados Zona Centro.
Así, o gañador do concurso será aquel establecemento, cuxo pincho acade a maior puntuación media, sumando a votación popular e a valoración do xurado.
Tamén haberá agasallos para os clientes. A asociación sorteará entre todos aqueles que percorran os establecementos participantes, unha cesta de produtos “gourmet”, así como 8 vales compra de 25€ cada un.
Paralelamente, con motivo destas xornadas, o sábado 30, ás 18.30 horas, no Salón José Peña, realizarase un taller gratuíto de corte de xamón.
Ademais, na Praza do Concello, teremos a ocasión de ver o coche do equipo “Galventus Team”, gañador do rallie solidario “ Clio Raid Marraquech ”, organizado polo expiloto Chus Puras, e patrocinado pola asociación Cambados Zona Centro.
Son os detalles da presentación do evento celebrada esta mañá no salón de plenos de Cambados, por parte do presidente de Zona Centro, Juan Rey, e un representante dos establecementos participantes.
Todo elo recollémolo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..