As obras de remodelación do campo de futbol de O Pombal están rematadas pero á espera de recibir a documentación de fin de obra.
Uns días máis tardarán os traballos de reforma do pabillón do Instituto Ramón Cabanillas, que estarán listos dentro dun mes.
Os concelleiros de goberno de Somos Cambados e Cambados Pode, Tino Cordal e José Ramón Abal, supervisaron esta mañá o estado de ambas actuacións, financiadas cun investimento de 800.000 euros da Deputación.
No caso do pabillón do Cabanillas, trátase dunha remodelación integral dos 1.500 metros cadrados que ocupa, sustituíndo a pista actual por outra de material de última xeración.
A nova instalación poderá empregarse para a práctica de fútbol sala, baloncesto, balonmán de voleibol.
E no que respecta ó campo de futbol de O Pombal, contará a partir de agora cun novo céspede de herba artificial de maior calidade que o anterior.
O que queda pendente neste caso para proceder á súa inauguración é o remate das pistas de tenis.
Os traballos eran supervisados esta mañá polos concelleiros Tino Cordal e José Ramón Abal, que, ademáis, tamén se referían ó desarrollo das negociacións do pacto de goberno.
Segundo ambos edís, as conversas van por bo camiño, agardando que o acordo entre as catro formacións se poida asinar nos vindeiros días.
E en canto ás posibles reticencias entre os concelleiros do BNG, publicadas en La Voz de Galicia, tanto Tino Cordal como José Ramón Abal aseguraron descoñecer a súa existencia.
Con eles falamos falou esta mañá para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Alba Piñeiro.