Vilanova pon en marcha o primeiro obradorio de emprego de agricultura ecoloxica de galicia co obxetivo de innovar no sector do agro no salnés
O Pazo de Vista Real en Vilanova será o lugar onde se imparta este curso de 6 meses de duración, no que 15 alumnos aprenderán a cultivar productos ecoloxicos como a Aquinoa, o Burbur, o Mijo e o Amaranto, entre outras especies ecolóxicas.
Para poñer en marcha este innovador obradoiro, o Concello de Vilanova estudiou a experiencia que o municipio de Soria leva realizando dende hai 7 anos con resultados de gran éxito e un alto número de ventas dos productos ecoloxicos que se cultivan.
O Concello de Vilanova quere converter Vista Real nun centro formativo e as intalacións coas que conta, como son o invernadoiro, as aulas formativas e os grandes terreos, préstanse a boa realización de este obradoiro de agricultura ecoloxica.
Ademáis, dende o Concello de Vilanova tamén se solicitaron outros tres módulos nos que tamén participarán 15 alumnos en cada un durante 6 meses, como son promocion de turismo local e información ó visitante, atención sociosanitaria a persoas a domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Son datos que revelaba esta mañá o teniente de alcalde de Vilanova, Javier Touris, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.