O albergue de As Sinas en Vilanova estrea este ano instalacións melloradas, e comezará a funcionar por primeira vez fora da tempada de verán, coincidindo, ademáis, coa conmemoración do 70 aniversario da súa fundación.
Os traballos, nos que a Consellería de Traballo e Benestar investiu 265.000 euros, centráronse na renovación da pista deportiva, na mellora e reparación da estrutura e das cubertas, na actualización da instalación eléctrica, e na mellora da súa accesibilidade.
A titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, achegouse hoxe ata Vilanova de Arousa para coñecer de primeira man o resultado destas obras.
A reforma do albergue enmárcase no Plan de mellora das instalacións xuvenís de Galicia, que se leva desenvolvendo desde 2013, e que conta cun investimento global de máis de 700.000 euros.
Ademais dunhas instalacións reformadas, As Sinas incorpora este ano outra novidade: por primeira vez funcionará fóra dos meses de verán. O Goberno autonómico ofertou en 2015 por primeira vez a posibilidade de usar os albergues entre o presente mes de marzo e a primeira metade do mes de xuño. O obxectivo é que durante este tempo poidan acoller actividades de educación non formal.
En canto á campaña de verán, que se desenvolve nos meses de xullo e agosto, o albergue de Vilanova volver ser un dos máis relevantes, grazas a un oferta que ascende ás 600 prazas: 480 xestionadas pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e 120 correspondentes á oferta concertada.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións da Conselleira Beatriz Mato.