As confrarías de ambos márxenes da Ría de Arousa constitúen unha fronte común para eliminar ós verquidos de augas residuais que se siguen producindo.
Con este obxectivo dirixiranse ós alcaldes de Arousa-Norte, despóis de ter xa mantido unha reunión coa Mancomunidade do Salnés, encabezada polo presidente da entidade supramunicipal, Gonzalo Durán, e coa presencia do alcalde de Cambados, Luis Aragunde.
Neste encontro quedou de manifesto a ausencia de sistemas de depuración e saneamento de augas residuais no 50% dos concellos de Arousa Norte.
Unha circunstancia que sorprendía o presidente da Mancomunidade do Salnés e tamén alcalde de Vilanova.
Así o decía Gonzalo Durán nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
Á reunión coa Mancomunidade do Salnés acudiron representantes das confrarías de O Grove, Vilanova, Vilaxoán, Carril, Cambados, Boiro, Cabo de Cruz e A Pobra.
Esta iniciativa dos pósitos arousáns ponse en marcha despois de que esta semana a Mancomunidade do Salnés propuxera a creación dun servizo intermunicipal para loitar contra os verquidos na Ría de Arousa.
A proposta realizouna Gonzalo Durán no marco dunhas jornadas sobre medio ambiente que se veñen celebrando na Toxa durante esta semana, con presencia de varios rexedores da comarca e representantes municipais.
Unhas xornadas que se clausuraron a 1 e media desta tarde coa presencia do directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director xeral de Emerxencias e Interior Luis Menor.