A piscina municipal de Cambados entra nunha nova etapa, segundo o alcalde de Cambados, Luis Aragunde.
As instalacións de O Pombal terán unha importante renovación que emprenderá a partir do 1 de febreiro a nova concesionaria, Aquafit Gestión, con sede en Pontevedra, e por un período de 12 anos.
A nova adxudicataria subrogará a todos os empregados, mantendo as mesmas condicións salariais, e asegura que ven para quedarse.
Melloras nos servizos ofrecidos, nas instalacións e tamén nas tarifas, son as propostas de Aquafit Gestión S.L para conseguir levantar a actividade na piscina municipal de Cambados.
Unha das novidades, será a creación dun novo edificio anexo de 170 metros cadrados para aumentar a zona de ximnasio, cun incremento no número de máquinas para facer exercicio, e ofertando tamén máis actividades que ata agora non se estaban impartindo, como zumba, ioga e pilates. Ademáis, tamén se renovará o resto do antigo edificio, cambiando totalmente a imaxe de deterioro que ten actualmente. Estas melloras suporán un investimento para a empresa de preto de 300.000 euros.
As tarifas tamén baixan, sendo máis asequibles e con maís opcións que se axustan á situación de cada usuario.
A espera queda, de momento, o cambio da cuberta da piscina, para o que o concello esta buscando financiación e que suporía un gran aforro enerxetico ademaís de mellorar a calidade do servizo.
Tanto o concello de Cambados como a empresa Aquafit Gestión e os traballadores da piscina acollen con esperanza esta nova xestión, deixando atrás todos os problemas que tiveron coa anterior concesionaria.
Os detalles explicábanos esta mañá en rolda de prensa o alcalde de Cambados, Luis Aragunde e o responsable de Aquafit Gestión, Pedro Iglesias, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.