A ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, ofreceu esta mañá o apoio do seu departamento e do Estado para “seguir traballando” en defensa dos intereses do sector do mar.
A ministra visitou a Ría de Arousa nunha xira de traballo na que puido conversar con mexiloeiros e mariscadoras, acompañada da conselleira de Mar, Rosa Quintana.
En declaracións ós medios, Tejerina insistiu na necesidade de potenciar económicamente ós bancos marisqueiros da Ría de Arousa pero tamén explotalos dende un punto de vista turístico e medioambiental.
Tamén apostou por seguir traballando pola plena igualdade das mulleres no mundo do mar.
A comitiva comezou a primeira parada da xira en Boiro, na conserveira Jealsa-Rianxeira, posteriormente a comitiva embarcou cara unha batea de cultivo de mexilón e despóis achegouse a Cambados.
Na praia de San Sadurniño, a presidenta da agrupación de mariscadoras, María Xosé Cacabelos, explicoulle a súa metodoloxía de traballo e tamén transmitiulle as inquedanzas do sector, relacionadas en boa parte coa mortandade de bivalbos e os danos causados polas biotoxinas.
A ministra recolleu o sentir das mariscadoras cambadesas a pé de praia.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as impresións da ministra Tejerina e as inquedanzas da representante das mariscadoras, Mª Xosé Cacabelos.
E para completar o ciclo da producción de bivalvos, a comitiva desplazouse a Vilagarcía para coñecer as instalacións do Instituto Tecnológico para o Control del Medio Mariño (Intecmar), e o seu traballo de investigación.
Por certo que, aproveitando a presencia da Ministra en Vilaxoán, a plataforma de emigrantes retornados do Salnés organizou unha concentración ante as instalacións do Intecmar para facer visible as súas demandas ante a representante do goberno do Estado.