Os traballadores de Lantero recibiron hoxe ánimos renovados con dúas boas novas sobre o seu conflicto.
A primeira chegaba dende o Xulgado do Social de Pontevedra.
I e que a xuiza que dirimía a demanda interposta pola dirección da cartoneira por suposta ilegalidade na convocatoria da folga fallaba a favor dos traballadores, desestimando a petición da firma.
Segundo a sentencia, a convocatoria da folga é legal, e por tanto os traballadores poden seguir exercendo o seu dereito ó paro indefinido.
E dende a dirección de a compañía, a firma amosa o seu respeto ante o fallo pero xa avanza que recurrirá a sentencia ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
En todo caso, a sentencia, sen dúbida, daralle folgos ós traballadores que hoxe levan 101 días en folga e que esta semana se enturbiaba cun accidente de tráfico en plena autoestrada AP9 entre o coche de escolta de Lantero e o vehículo dun traballador, que viaxaba acompañado da súa parella.
Ainda que as versións do acontecido non coinciden, a colisión acabou involucrando a cinco vehículos e provocou feridas ós ocupantes relacionados coa cartoneira.
As máis graves padéceas a compañeira do empregado do grupo, que permanece ingresada no Hospital Domínguez e tivo que ser intervida por unha fractura no brazo dereito.
Ó marxe deste suceso, o conflicto viviu hoxe un novo capítulo no pleno extraordinario da corporación municipal, que declarou nulo o convenio entre o Concello de Vilagarcía e Lantero sobre a recalificación dos terreos de Rosalía de Castro, antiga ubicación da cartoneira.
A moción, presentada por Esquerda Unida, foi aprobada por unanimidade de todos os grupos municipais.
Segundo a moción aprobada, o convenio urbanístico con Lantero é nulo porque non se axusta ó aprobado no seu día pola corporación e tampouco volveu ser ratificado polo pleno, como indica a súa última cláusula.
Asimesmo, se exixe a Lantero a renuncia ós despidos e a retirada do expediente de regulación de emprego, así como das denuncias que interpuso contra os traballadores en folga para comezar a falar dun novo convenio urbanístico axustado a dereito.
Agora, constituirase unha comisión de seguimento, integrada polos portavoces dos grupos municipais, técnicos do Concello e o comité de empresa de Lantero, para comezar a traballar no acordado nesta moción
Así o expresaba o portavoz de Esquerda Unida, Juan Fajardo, na presentación da iniciativa, que recollemos en AROUSA DIA A DIA.
Pola súa banda, na súa intervención o alcalde Tomás Fole dixo que entende que derrotar á empresa é derrotar ós traballadores, momento no que foi interrumpido con abucheos por parte dos asistentes.
Tamén o recollemos en AROUSA DIA A DIA.