As tan ansiadas obras de ampliación do Hospital do Salnés acaban de ser adxudicadas, no prazo límite previsto pero antes de que rematase o ano, tal e como viña reiterando a Consellería de Sanidade.
A empresa que realizará a actuación será Dragados e Construcciones por un importe de 8 millóns de euros e os traballos previos comezarán xa a vindeira semana.
Ademáis, para cando o recinto afectado polas obras perda parte do seu aparcamento xa estará operativo o novo aparcadoiro provisional.
Estará situado nunha parcela situada nos accesos ó centro, propiedade da empresa Fundiciones Rey.
A familia Rey cedeu os terreos de forma gratuíta e por un prazo de tres anos, en calqueira caso renegociables.
As obras para habilitar este espazo no que collerán unhas 140 prazas de aparcamento correrá a cargo da Deputación de Pontevedra, consciente de que haberá que seguir xestionando outras zonas porque cando a ampliación do Hospital estea operativa serán necesarios novos estacionamentos.
Todo elo se anunciaba esta mañá non exterior do Hospital comarcal, nun encontro no que estaban presentes representantes das administracións implicadas: o xerente da área integrada Pontevedra Salnés, José Manuel González, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, e o presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán.
Xunto a todos eles, estaba tamén o xerente da empresa Fundiciones Rey, que cede os terreos para o aparcamento.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións.