A Asociación Cambados Zona Centro pon en marcha a súa campaña de Nadal con importantes novidades.
A programación de este ano comeza o vindeiro luns día 8 coa tradicional recollida de xoguetes "Cada neno un xoguete" ata o día 24 de decembro.
Como novidade e parte estrela da campaña, os nenos poderán disfrutar durante as súas vacacións de nadal dun divertido parque de atraccións con inchables, touro mecaníco e moitos máis xogos, polas tardes no Salón Peña.
Ademáis, o sábado 27 os Bolechas chegan a Cambados co seu espectaculo "Os Bolechas cantan con Lady Vina" ás 18:00 no Salón Peña.
E xa para o día 31 de decembro, Cambados tamén adiantará ás badaladas de fin de ano ás 12 do mediodía na Praza do Concello.
O que non faltará na campaña de Nadal de Cambados Zona Centro será o gran Sorteo de 1.200 euros en vales de compra. Para participar haberá que facer as compras de Nadal nos comercios asociados a Cambados Zona Centro e se lles entregará os boletos de participación no sorteo.
Pero esta campaña de Nadal en Cambados será un pouco máis levadeira en canto ós aparcamentos xa que o Concello xunto coa Asociación de comerciantes asinaron un convenio cos propietarios dos terreos proximos á praza de Fefiñáns para habilitar unha nova zona de aparcamento con 80 prazas que axudarán a solventar os problemas de aparcamento da vila.
Os datos da campaña de Nadal dabaos o presidente de Cambados Zona Centro, Juan Rey e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde nunha entrevista para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.