A promoción da comarca do Salnés no exterior, que dende hai dous anos está a facer a Mancomunidade do Salnés, ten dende agora a colaboración de dous emprendedores, que, na idade da xubilación, pretenden poñer en marcha unha axencia para internacionalizar o noso turismo.
Trátase dun matrimonio de orixe inglés que reside en O Grove e que dende agora, a través dos seus numerosos contactos en Europa, vai colaborar coa Mancomunidade para atraer a novos grupos de turistas a través de touroperadores de países europeos.
Peter William e Lynn Davies afincaronse en O Grove hai un ano despois de residir durante nove anos en Alicante.
Namorados de Galicia, agora estan envoltos nunha labor de promoción turistica coa que pretenden, ademáis, crear a súa propia empresa.
A parella xa comezou a establecer contactos con turoperadores de distintos países como Escocia, Irlanda, Reino Unido, Francia, Alemaña e incluso outros extranxeiros residentes en España.
So falta agardar a que estas comunicacións den os seus frutos e que Galicia e a comarca de O Salnés se enchan de novos visitantes.
Asi o contaban o xerente da Mancomunidade de O Salnés, Ramón Guinarte, e a propia Lynn Davies nunha rolda de prensa que ofreceron esta mañá e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.