O auditorio da Xuventude de Cambados acolle o ciclo de teatro adulto que organiza o AGADIC, e no que se representan obras de teatro, monólogos e tamén, como novidade, danza contemporánea.
As funcións celebraránse os domingos ás 19:00 e o custe da entradas serán de 3.5 euros a normal e 2.5 euros a reducida.
A primeira obra de teatro que se reprentará o vindeiro domingo 9 de novembro será "Amor Flexible", unha comedia de Alex Sampayo e con Mela Casal, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa como protagonistas.
O domingo 16 será o turno da obra de teatro "As do Peixe" de Candido Pazó, e que trata da vida de mulleres que traballan nunha fábrica de conservas.
Como novidade nesta edición, os días 21, 22 e 23 de novembro celebraráse a I Fin de Semana de Danza Contemporánea "Cam-Danza" da man da compañía "Derribas La Puerta" e que representarán tres pezas.
O xoves 21 no Salón do Pazo de Ulloa, representaráse un espectaculo intimista de danza, no que o aforo será limitado a 40 persoas, o custe da entrada será de 5 euros e os espectadores poderán disfrutar dunha copa de viño mentras ven a obra.
A seguinte peza, "Funerales Benvidos" será o venres 21 no Salón Jose Peña, ás 21:00 horas.
E a última obra de esta Fin de Semana de Danza será "Pieza Teatral Documental", o sábado 22 no Auditorio da Xuventude ás 21:00.
Xa continuando co ciclo de teatro, o domingo 30 de novembro, Isabel Risco representará o seu monólogo Nabiza Girl.
E para finalizar, o domingo 7 de decembro, a compañía Las Grotesques, de Madrid, interpretarán a obra de Willian Shakespeare, "Mucho Ruido y Pocas Nueces".
Este ciclo de teatro adulto foi presentado este mediodía no Auditorio da Xuventude de Cambados polo alcalde, Luis Aragunde, xunto co autor Cándido Pazó, o director Alex Sampayo, o actor Guillermo Carbajo e o coreógrafo Matías Daporta.