O espectaculo musical +Tango chega ó Auditorio da Xuventude de Cambados este sábado 25 de outubro a partir das 20:30 horas.
Trátase dunha exhibición de Tango, na que haberá musica e baile en directo con 7 artistas no escenario, na que ademáis, os espectadores poderan facer un percorrido pola historia de Bos Aires e o Tango, mesturando a musica e o baile con anecdotas, historia e poesía.
Para poder asistir a esta actuación é necesario retirar unha invitación gratuita no departamento de Cultura do concello.
A compañía +Tango, esta de xira por Galicia e ademaís de actuar nos principais de teatros das provicincias galegas, agora presentan o seu novo espectaculo en Cambados.
O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, presentou esta mañá este espectaculo nunha rolda de prensa na que estivo acompañado por varios membros da compañia, que interpretaron dúas pezas musicais que se poderán escoitar este sábado 25 no Auditorio da Xuventude de Cambados.
En AROUSA NOTICIAS recollemos as palabras do alcalde, Luis Aragunde e de un dos membos de +Tango, Hector Rial.