A Direccion de Lantero asegura sentirse disgustada e decepcionada tras a ausencia do comité de empresa nos dous encontros que se deberían celebrar nas xornadas de onte e hoxe para comezar coas negociacións do plan de viabilidade da firma de O Pousadoiro.
Segue argumentando que o anuncio da folga rompeu a paz social e que ese é o motivo polo que o escenarios das negociacións debe ser Santiago e non as instalacións de O Pousadoiro.
Asimesmo, a empresa fai un chamamento de responsabilidade ós traballadores na busca dun diálogo que aporte unha solución consensuada.
Din os directivos da empresa que estarían encantados de que o comité de empresa lles propuxeran alternativas para esta situación e entenden que a folga indefinida convocada a partir do vindeiro luns polo comité non ten razón de ser e tratase dunha medida esaxerada.
O seguinte paso que vai a seguir a dirección de lantero sera unha xuntanza para esta tarde coa Directora xeral de Relacions Laborais para solicitar que sexa a Xunta quen tutele as negociacions cos traballadores.
Ademáis esta previsto que o vindeiro martes se realice outra reunion entre a dirección e o comité de empresa que vai coincidir en plena folga.
Segundo a empresa, os despidos debense a adquision de nova tecnoloxia que permiten que se faga o mesmo traballo con menos empregados.
A partir de hoxe comeza un período de consultas de 30 días que rematara o 7 de novembro
Así o comunicaba a dirección de Lantero nunha rolda de prensa ofrecida esta maña e que recolleu Alba Piñeiro.