O concello de Meis aforrará 11.400 euros ó ano
coa sustitución de 97 luminarias convencionais por lámpadas led na parroquia de Paradela, o que reducirá o consumo e o fluxo luminoso un 50% durante 11 horas ao día.
Son os datos revelados durante a visita realizada esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, ó municipio de Meis, para analizar a aplicación neste concello do Programa de Eficiencia Enerxética impulsado pola Consellería de Industria a través do Inega.
No caso de Meis, o investimento para estas actuacións é de 60.000 euros, dos cales 51.000 foron subvencionados pola administración autonómica.
Ademáis do cambio das lámpadas, procederase á colocación dun reloxo astronómico que regulará o prendido e apagado dos equipos.
Con ambas medidas, os técnicos calculan que Meis poderá conseguir un aforro enerxético no alumeado público de ata o 60%, eliminando 40 toneladas de emisión de CO2 á atmósfera.
O concello de Meis inclúse no proxecto mancomunado presentado xunto con outros municipios das comarcas de O Salnés, Caldas e Pontevedra, entre que os que se investirán 538.000 euros, dos que 457.000 serán aportados pola Xunta.
Os concellos beneficiarios son os de Vilagarcía, Catoira, Caldas, Pontecesures, Meis, Meaño, Ribadumia, Poio y Sanxenxo.
ahorro estimado entre los municipios en un año es de 96.500 euros.
Son os datos ofrecidos esta mañá en Meis, polo delegado territorial da Xunta, Cores Tourís, na visita a Paradela, acompañado polo alcalde José Luis Pérez.
Para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recolleu as declaracións Alba Piñeiro.