Segundo CIG Salnés, no seu sindicato contan con 500 persoas que se encontran nunha situación insostible debido o retraso dos pagamentos do Fogasa que se extende a máis de 15 meses.
O Fondo de Garantía Saralial, Fogasa, é o encargado de aboar os salarias e as indemnizacións ós traballadores de empresas insolventes ou declaradas en concurso. Actualmente, os pagos que se estan aboando pertencen ós meses de marzo, abril, do ano 2013, pero aínda hai persoas esperando que se lle aboen as cantidades do 2012.
Ademáis de este retraso, o problema recae tamén en que os pagos do Fogasa non se estan a facer completos, xa que falta o 60% que lle correspondería á empresa, pero que se esta non se fai cargo, debeo afrontar tamén o Fondo de Garantía Social. Ó faltar esa parte, abrése outro expediente para a súa reclamación que atrasa de novo outros 15 meses o pago.
Este retraso ocurre na provincia de Pontevedra pero non sucede o mesmo en outras provincias como Lugo ou Ourense que tramitan os expendientes en tan so 3 ou 4 meses. Por tal motivo, o Sindicato CIG chama a todos os traballadores afectados a unha asamblea aberta que se celebrará este mércores ás 19:30 horas.
Nesta asamblea se explicará todo o que esta acontecendo con estes pagos e ademáis concretarán as actuacións que van a levar a cabo para reclamar que se resolvan os expedientes con máis rapidez.
Así o denunciaba o secretario de CIG Salnés, Xoan Xose Bouzas Aboi, nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.