As festas do albariño continuan na súa terceira xornada con actividades de todo tipo para grandes e pequenos..e tamén coa presencia de autoridades institucionais..
Hoxe percorreu os 46 stands do Paseo da Calzada o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, acompañado polo alcalde Luis Aragunde.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as súas impresións durante a visita.
E en canto as actividades paralelas, durante a mañá proxección infantil na Casa Dos Fraga, no salón José Peña continuan as catas no Tunel do Viño durante todo o día.
A 1 actuación da charanga Os Jalácticos no Paseo da Calzada.
E pola tarde, xornadas técnicas do Albariño, no Museo do Viño, ás 8 e media unha actuación do grupo de percusión Omar Percussion Group.
Xa pola noite na Praza do Concello verbena coas orquestras Yucatán e Camelot e nos concertos da Praza de Fefiñáns estarán a partir das 23 horas La Moda e Kiko Veneno.
O domingo será o día grande co nomeamento das donas e Cabaleiros do Capítulo serenísimo e o xantar institucional que terá lugar as 2 e media da tarde.
Un xantar no que non estará presente ningún partido da oposición despois de que o PSOE de Cambados anunciara a súa renuncia ás tres invitacións que lle corresponden como membros da Corporación municipal.
E dende hai xa un par de anos tampouco o BNG acude ó acto por iguales motivos.
A portavoz socialista, Fátima Abal, considera este evento como “un despilfarro de cartos cando moitos veciños non poden pagar os seus recibos nin dar de comer aos seus propios fillos e teñen que recibir axudas como a Risga ou percibir alimentos proporcionados por Amigos de Galicia ou por Cáritas”.