A conselleira de Medio Ambiente, territorio e infraestructuras, Ethel Vazquez, supervisou esta mañá o inicio das obras de saneamento do Saco de Fefiñáns e asegurou que este ano xa se notará a mellora das augas da Ría de Arousa, xa que en tres meses estarán rematadas as actuacións que eliminarán os vertidos sen depurar.
Este proxecto, no que Augas de Galicia destina máis dun millón de euros, estará rematado en 12 meses e axudará tamén a mellorar a actividade marisqueira da Ría de Arousa.
Os traballos incluidos na primeira fase consisten en afrontar o saneamento da rúa Pombal, cuxo sistema de sumidoiros verte directamente sen tratamento, sobre un dos dous regatos que chegan ó fondo do saco.
Con estas actuacións mellórase o saneamento cambiando 120 metros de colectores e instalando unha pequena estación de bombeo no punto baixo da zona do río Corvillón para recoller as augas residuais das vivendas desa rúa para impulsalas e poder conectalas á rede de saneamento xa existente.
A segunda fase de estas obras que se executa de xeito paralelo á primeira, proporciona unha solución global ás verteduras de augas residuais ó recoller os verquidos no contorno da avenida de Vilagarcía executando unha rede separativa de colectores de PVC e unha nova estación de bombeo integrada nun tanque de tormentas no Pombal. Os traballos para a integración de este tanque xa comezaron, e servirá para a retención das augas unitarias, contando cun canal de entrada, unha cámara principal de laminación e un pozo de bombeo.
Finalmente, na Cabana proxéctase a execución dun novo colector que precisará da execución de varios treitos con perforación horizontal dirixida.
Son datos que ofrecía esta mañá a Conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vazquez, durante a supervisión do inicio das obras no Saco de Fefiñáns e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.