A Deputación de Pontevedra e os 13 alcaldes de concellos con sede xudicial consensuan a defensa dos partidos xudiciais.
O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e os rexedores acordaron na reunión mantida esta mañá no Pazo Provincial solicitar ao Goberno do Estado que paralice a tramitación da reforma da Lei do Poder Xudicial.
Ademáis tamén solicitan un estudio pormenorizado do mapa xudicial que teña en conta as opinións dos concellos e das institucións e entidades de todo tipo, e que desemboque nunha Lei acorde coa realidade, coa particularidade e co futuro da nosa provincia.
No encontro celebrado esta mañá, convocado polo Presidente da Deputación, estiveron presentes os 13 alcaldes da provincia directamente afectados polo proxecto de reforma que tramita o Ministerio de Xusticia, entre eles o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, o de Cambados, Luis Aragunde e o de Caldas Juan Manuel Rey.
Nos argumentos que remiten ó goberno de estado o documento consensuado explica que Galicia e, en particular, a provincia de Pontevedra, ten unha configuración poboacional e de núcleos de asentamento territorial que as particulariza, individualiza e distingue frente a outras comunidades e provincias do Estado.
Todos os asinantes do documento están de acordo en que o Proxecto de Reforma da Planta Xudicial suporia, de modificarse o actual mapa de partidos xudiciais, un perxuicio evidente, dende unha máis costosa accesibilidade á Xustiza debido ao aloxamento dela do xusticiable, ata as consecuencias socioeconómicas que a desaparición dos Xulgados acarrearía en todos os sectores das comarcas.
Tamén se refiren á perda da identificación psicocultural que cada cidadán tén co seu entorno e que agravaría a actual merma poboacional ao carecer de servizos fundamentais nas capitais comarcais.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as declaracións na rolda de prensa de Rafael Louzán e do alcalde de Caldas Juan Manuel Rey.