Seguen os posicionamentos contrarios á supresión dos partidos xudiciais que prevé a reforma da Lei do Poder Xudicial que elabora o Ministerio de Xusticia.
Se a semana pasada era o alcalde de Cambados o que recrudecía os seus argumentos, hoxe o grupo parlamentario do BNG e o sindicato CIG manifestáronse totalmente en contra do borrador do Ministro Gallardón.
A deputada nacionalista no Parlamento Galego, Montse Prado e Xosé Henrique García Outeiral da CIG compareceron esta mañá en rolda de prensa para rexeitar a supresión dos partidos xudiciais asegurando que conlevaría a eliminación de postos de traballo e provocaría un distanciamento entre a cidadanía e a xusticia.
A CIG e o BNG consideran de vital importancia impedir que se eliminen os partidos xudiciais de Cambados e Vilagarcía e os trasladen para Pontevedra.
Por iso fan un chamamento á cidadanía e aos colectivos sociais da Comarca do Salnés para que se mobilicen contra esta medida concentrándose este mércores 9 de xullo ás 20,30 h. diante do Concello de Cambados e o martes da semana que ven, día 15 de xullo, á mesma hora diante dos xulgados de Vilagarcía.
Unha convocatoria á que convidan ós alcaldes dos municipios do Salnés, ós que mesmo ceden encabezar ás concentracións..
Escoitamos as súas declaracións na rolda de prensa que recolleu Alba Piñeiro.