A SEGUNDA FASE DA PARCELARIA DE OUBIÑA EN CAMBADOS AVANZA A BO RITMO.
O Alcalde de Cambados, Luis Aragunde e o Delegado Territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís, reunironse este mediodía para analizar o estado da concentración parcelaria de Oubiña.
A concentración, que xa se encontra pola segunda fase vai a bo ritmo, segundo as administracións, e non esta habendo grandes problemas grazas á boa sintonía entre os veciños, titulares das parcelas, que estan presentando toda a documentación necesaria.
En total, na parcelaria de Oubiña concéntranse 49 hectáreas, con 756 parcelas, das que 646 xa están declaradas.
Sen embargo, aínda quedan 110 parcelas pendentes de ser declaradas, polo que dende o Concello e a Subdelegación do Goberno, fan un chamamento para que os titulares de estes terreos presenten a documentación a poder ser antes do 30 de xuño, xa que se non o fan, as parcelas poderían pasar a mans do Estado.
O seguinte paso, será a publicación do censo de propietarios e se convocará tamén unha asamblea na que se nomearán os representantes dos agricultores e das administracións.
Tratase pois dunha parcelaria, a de Oubiña, que se esta executando man a man coa de Tremoedo, na que xa esta feita a rede de camiños que as une.
Son datos que revelaban o Alcalde de Cambados, Luis Aragunde nunha rolda de prensa convocada para esta maña na que tamén acudiron o Delegado Territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís e o Xefe Territorial, Julian Alvira e que escoitamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.