O ALCALDE DE VILANOVA GONZALO DURÁN CIFRA EN 8 MILLÓNS DE EUROS O TOTAL DA DÉBEDA BANCARIA DO CONCELLO SEGUNDO OS DATOS OFRECIDOS POLO MINISTERIO DE ECONOMÍA.
Son datos que o alcalde, Gonzalo Durán, revelaba este mediodía durante unha rolda de prensa convocada para anunciar que o Concello de Vilanova acaba de adherirse ás novas condicións financieiras que o Ministerio de Economía pon en marcha para facilitar que os concellos fagan fronte ó pago da débeda pública das administracións.
Con estas novas condicións financieiras, o Ministerio de Economía, ademáis de baixar o tipo de interés para faciliar o pago, tamén ofrece a posibilidade de axilizar a apertura de pequenas e medianas empresas co plan Emprende en3, que permite a apertura dos negocios en poucos días presentado a licencia de actividade e unha declaración responsable.
Gonzalo Durán amósase satisfeito con estas condicións que suporán para o Concello de Vilanova un aforro anual de 204.000 euros debido á baixada dos tipos de interés, o que segundo o alcalde conlevaría un alivio na situación financieira do municipio que actualmente ten unha débeda de 8 millóns de euros.
Polo demáis, a apertura de novas pymes en Vilanova será moito máis sinxela e rápida que ata o de agora.
Haberá que presentar unha declaración responsable e a licencia de actividade para que o Concello dea o seu permiso en poucos días e que xa se podan abrir os novos negocios. Deste xeito, o resto dos trámites habituais para conseguir as licencias seguirán facéndose pero coa empresa xá en funcionamento, o que implica que a apertura se poida levar a cabo en pouco tempo, trámites que antes se retrasaban entre 3 e 6 meses.
Así o comunicaba o Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, na rolda de prensa de esta mañá e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.