Os contratos no sector servicios por Semana Santa axudaron a que todas as nosas comarcas pecharan o mes de abril con importantes descensos do paro.
O Salnés rexistrou unha diminución de 477 desempregados.
Os concellos con descensos máis significativos foron O Grove e Sanxenxo, con 141 contratos novos, seguidos de Vilagarcía (-94), Meaño (-39), Vilanova (-25), Meis(-15), Cambados (-11), A Illa (-7) e Ribadumia (-4).
A comarca de Pontevedra tamén rexistrou descensos no número de desempregados en todolos concellos, agás en Campo Lameiro, que sumou dous novos parados, cunha reducción total de 238 desempregados menos.
A maior baixada do desemprego foi en Pontevedra capital con 102 persoas menos nas listas das oficinas dos Servicios Públicos de Emprego, seguida de Poio con 85 persoas que encontraron traballo.
En Vilaboa foron 25 os novos contratados, en Barro 18 , Cotobade 6, A Lama 5 e Ponte Caldelas 1.
A comarca de Caldas pechou abril con 204 parados menos, con descensos en todolos concellos, e ó mesmo ocorreu na comarca do barbanza onde o mes pasado se rexistrou unha diminución de 179 persoas nas listas do paro.
Dende UXT, o secretario comarcal Ramón Vidal, acolle os datos con relativo optimismo destacando a precariedade dos contratos que chegan a ser as veces mesmo dunha semana.
Nolo decía nesta conversa en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.