A Mancomunidade do Salnés adicará o vindeiro mes de maio á promoción da pesca do cerco e os seus productos.
Para elo, dende o ente comarcal estanse a organizar as xornadas gastronómicas "Acercando" onde a través de obradoiros de cociña e chefs estudios, tentaráse amosar a tódolos públicos os beneficios saudables de peixes como a xarda, a sardiña ou o xurel.
Cada luns do mes de maio, a partir das 11:30 da maña, haberá un obradoiro de cociña dirixido a profesionais do turismo; o primeiro, o día 5, será en Meaño, na Quinta de San Amaro, o luns 12 será en Ribadumia na Bodega Lagar de Pintos, o 19 de maio no Pazo Baión en Vilanova e o último, o día 26 no Faro Punta Cabalo da Illa de Arousa.
Por outra banda, tamén haberá citas para tódolos públicos nos Chefs estudios que se farán o sábado 10 de maio na Praza de Fefiñans en Cambados da man de Pepe Solla e Ángel León, o sábado 17 de maio na Praza de Galicia en Vilagarcia a cargo de Beatriz Sotelo e Mónica Novas, e por último o venres día 23 na Praza do Corgo de O Grove cos cociñeiros Xavier Olleros, Yayo Daporta e Antonio Botana.
Ademáis das Xornadas, a Mancomunidade do Salnés xunto coas asociacións Cambados Zona Centro e Emgroves fixaron para as fins de semanas de maio, unha ruta de tapas, nas que durante os venres, sábados e domingos, 9 restaurantes de O Grove e 13 de Cambados ofrecerán unha tapa con productos do cerco ó prezo de 1 euro.
As xornadas de promoción dos productos do cerco foron presentadas esta mañá en Cambados polo xerente da Mancomunidade do Salnés, Ramón Guinarte, coa presencia dos chefs Yayo Daporta e Antonio Botana.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA recollemos as súas declaracións.