Cambados pon en marcha a súa programación Cooltural de primavera coa instalación dunha nova pantalla xigante diante do Concello onde estarán publicadas todalas actividades e vídeos de promoción turística con vistas aéreas de lugares emblemáticos, como o cemiterio de Santa Mariña, a Praza de Fefiñans ou a Torre de San sadurniño.
Para tal fin, o concello investirá uns 18.000 euros, que despois tentaranse amortizar con publicidade.
Inversión inicial do concello por importe duns 18.000 euros que despois tentarase amortizar con publicidade.
Polo demáis, talleres infantis, concertos e deporte son as propostas da programación do Cooltural de primavera en Cambados.
Unha ampla programación cultural para esta primavera, na que nos vindeiros tres meses, todos os veciños da localidade e en especial os mais cativos poderan disfrutar de actividades lúdicas e talleres creativos.
Entre as actividades nas que poden participar encontranse, un taller de fotografía analoxica, un obradoiro de banda deseñada do Xarabin Club, un curso de monitor de tempo libre, talleres de teatro, pintura, escultura, xogos infantis, contacontos e títeres.
Estas actividades faranse na biblioteca Casa dos Fraga e nas casas da cultura das parroquias, previa inscripción na oficina de información e turismo no Paseo da Calzada. Ademais, para o resto da familia tamen hai una ampla variedade de concertos.
En Cambados tamen habera espazo para o deporte, empezando co campionato de kayak de mar que se celebra este domingo, e coa tradicional festa da bicicleta do 1 de mayo que xa esta considerada como a mais grande de Galicia.
Nesta ocasion, o concello de Cambados acollera tamen o campionato de España de Baloncesto infantil, que se espera que atraía a moita xente a comarca.
Como novidade, o concello instalara un ha pantalla xigante diante da praza do concello onde se proxectaran imaxes da localidade, vídeos promocionais do comercio de Cambados e non se descarta a retransmisión de algún partido da selección española na sua participación no mundial de fútbol. Contaba todos os detalles o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, nunha rolda de prensa que recolliamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.