A Asociación de Axuda a Discapacitados Esperanza Salnés pon en marcha unha nova campaña de captación de socios e colaboradores co apoio de Cambados Zona Centro e o Concello de Cambados.
O obxetivo desta campaña é a captación de fondos para que a asociación poida seguir cumprindo coa súa labor de atención á nenos discapacitados e deste xeito intentar que á cidadanía tome conciencia sobre este tema.
Actualmente, Esperanza Salnés da asistencia a 24 nenos de toda a comarca, e ten unha ampla lista de espera debido ós servicios de calidade que ofrecen e á escasa oferta que hai de centros de atención a discapacitados.
Todo aquel que queira dar o seu apoio a Esperanza Salnés pode facelo de dous xeitos:
- Facéndose socio colaborador contactando coa asociación no número de teléfono 986543302 ou nas súas instalacións na rúa Os Pazos, nº 10 de Cambados, ou
- Aportando o seu donativo na conta IBAN ES03 2080 5414 68 3040108244 na sucursal de Novagalicia Banco en Cambados.
Ademáis, cada establecemento asociado a Cambados Zona Centro disporá de folletos onde tamén estará sinalada toda a información necesaria para esta colaboración.
Non hai cantidade mínima para o donativo pero Augusto Chaves, xerente de Esperanza Salnés, aconsella que os ingresos sexan mensuais xa que así poderán ter máis facilidades á hora de facer fronte ós pagos de cada mes.
Son datos que recollíamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA na rolda de prensa celebrada esta mañá no salón de plenos do concello de Cambados, coa presencia do Presidente de Cambados Zona Centro, Juan Rey, e o Xerente de Esperanza Salnés, Augusto Chavez, acompañados polo teniente de alcalde de Cambados, Antonio Iglesias Pombo.