O Bloque Nacionalista Galego presenta no Parlamento Galego unha Proposición non de lei e unha serie de preguntas a debatir en Comisión en relación co concento para xestión de servizo público da Residencia Valle Inclán.
A deputada parlamentar do BNG, Montserrat Prado mantivo esta mañá un encontro coas traballadoras despedidas de Valle Inclán para presentar esta iniciativa que vai a expoñer para o seu debate na Comisión do Parlamento.
Trátase pois, dunha Proposición non de lei na que se insta á Xunta a que se comprometa a que unha vez cumprida a liquidación de Viaxes Silgar, a nova empresa adxudicataria da residencia, manteña ás 110 prazas concertadas para garantir así a actividade do centro.
Ademaís, o BNG exixe que se cumpran ás sentenzas que declaran nulos os despidos, e que a nova empresa readmita ás traballadoras nas mesmas condicións que tiñan antes, e que se lles abonen os salarios deixados de percibir e as indemnizacións estipuladas.
Nesta mesma proposición, o BNG tamén solicita o compromiso da Xunta para que non se lle adxudique ningún concerto para a xestión de servizo público de atención residencial para persoas maiores a ningunha empresa que teña como titulares ós administradores das empresas implicadas no proceso.
Por outra banda, as traballadoras despedidas da residencia Valle Inclán seguen recibiendo ás súas sentenzas, e xa van 20 os despidos declarados nulos polos Xulgados de Pontevedra.
Sen embargo, tras ter xa os avisos na man, Enrique Martinez Nuñez segue sen readmitir ás traballadoras e sen pagar as indemnizacións estipuladas, polo que as ex-traballadoras din que volverán a manifestarse e presentarán novidades para a vindeira semana, asegurando que van a recrudecer a loita.
Ester Campoamor, representante da CIG, contábanos os últimos detalles deste conflito en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.