O alcalde de Cambados, Luis Aragunde, anunciou na feira Fitur de Madrid que o Festival "Música con Denominación de Orígen", financiado polo Ministerio de Cultura, se estreará nos meses de xullo e agosto. Trátase dun programa musical itinerante que vincula a dous concellos significativos entre as denominacións vinícolas españolas: Cambados e Peñafiel.
Contra o que adoita ser habitual, Luis Aragunde adiantou en varios meses algúns dos concertos que, grazas ao singular proxecto musical, nutrirán o programa de eventos na 62 edición da Festa do Albariño. O andaluz Kiko Veneno, xunto cos grupos pops Delafé y las Flores Azuis e Zahara, poñerán a súa potente proposta musica dentro da Festa do Albariño.
A polifacética artista Christina Rosenvinge dedicará os seus Contos Enchufados aos máis pequenos da festa cambadesa. Aínda quedan por desvelar varios concertos do panorama musical español para completar o calendario da semana grande albariñense.
No ciclo de cine Vinéfilos, que se celebrará en agosto, exhibiranse producións nacionais que combinan cine, gastronomía e enoloxía. Cambados e Peñafiel poderán proxectar e gozar da longametraxe "18 Comidas" do galego Jorge Coira, así como dos documentais "Dieta Mediterránea" da catalá Carmen Ruscalleda, e "Mugaritz BSO" dos vascos Andoni Aduriz, Juantxo Sardón e Felipe Ugarte.
Música clásica, jazz e bandas
Música con Denominación de Orígen tamén inclúe unha sesión clásica co compositor e pianista navarro Joaquín Taboada, que actuará no patio de Armas de Fefiñáns; un concerto de jazz a cargo de Paco Charlín Trio, ademais de senllas sesións vermú amenizadas polas bandas de música de Castrelo e Peñafiel.
O promotor desta iniciativa musical é Cambados, capital do Albariño, apostando por un programa diverso, variado e integrador, para todos os públicos. Nesta primeira edición súmase o concello de Peñafiel (Valladolid), capital da D.O. Ribeira do Douro, reforzando un vínculo entre as comunidades de Galicia e Castela León.
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA entrevistamos en directo ó alcalde Luis Aragunde, despois da súa presentación en FITUR.