OS BOLECHAS VOLVEN ESTE NADAL A VILAGARCÍA CA ESTREA DO SEU NOVO ESPECTÁCULO "OS BOLECHAS CANTAN CON LADY VINA".
Os Bolechas abren a súa xira de nadal e presentarán o seu novo espectáculo no auditorio de Vilagarcía, onde xa é un clásico das navidades dos vilagarciáns máis pequenos.
Será o vindeiro domingo 22 de decembro ás 18:30 da tarde e as entradas xa se poden adquirir a través da páxina de Servinova www.servinova.com a un prezo de 12 euros.
Ademáis, os Bolechas tamén darán un preestreno pechado da súa nova función o sabado 21 ás 12:30 do mediodía para todos os nenos que participen na cabalgata do día de Reis.
Será un espectáculo totalmente diferente e renovado xa que os Bolechas non serán bonecos corpóreos como é habitual nas súas actuacións, senón que esta vez serán monicreques manipulados por persoas que tamén se poderán ver enriba do escenario.
Nesta ocasión, os Bolechas queren participar nun festival da canción pero a malvada Lady Vina non lles deixa porque son pequenos, polo que terán que argallar algo para poder intervir. Trátase polo tanto dunha representación musical dos temas do disco "Os Bolechas fan unha banda", que se poderá mercar o mesmo día da función no Auditorio municipal, onde se dispondrá un posto de venda para quen queira adquirir merchandising destes divertidos bonecos, que ademáis terán un desconto con cada entrada mercada.
Tete Rocamonde, responsable de comunicación de Bolanda, productora do espectáculo, dábanos todos os detalles nunha conversa con Alba Piñeiro en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.