A Consellería de Medio Rural mellorará 5 kilómetros de vias rurais nos concellos que integran a Mancomunidade do Ulla-Umia -Caldas, Valga, Pontecesures, Portas e Moraña- cun investimento de máis de 318 mil euros.
As obras, que se integran no Plan Marco de mellora de camiños de titularidade municipal 2013/14, permitirán executar traballos de recuperación de vías rurais de comunicación e acceso a fincas e explotacións.
Os traballos iniciaranse na primavera de 2014 para estar rematados antes do 30 de xuño.
Nestes momentos o proxecto está en fase de información ós concellos, que serán os que contraten as empresas que executarán as actuacións.
As cifras en detalle por concellos son: Caldas de Reis investirá 48.727,91 euros para a pavimentación do entorno do cemiterio desta localidade.
Catoira destinará 39.553,09 euros para a mellora da pista de Baral, Gondar, Portocanles e Vila de Suso.
Cuntis levará a cabo a reforma de camiños rurais no lugar da Sobreira por un importe de 59.822,40.
En Moraña, destinaranse 43.953,86 euros para a pavimentación de o vial situado entre os lugares de San Martiño e Pallota.
En Portas investiranse 46.102,94 euros para o asfaltado de camiños en Romai-Vello e Tarrio.
Pontecesures, pola súa banda, levará a cabo obras de ampliación e mellora dos camiños de Rúa Forneiras, Souto, Fontaíña e Condide por un total de 37.776,84 euros.
Finalmente, o concello de Valga investirá 42.389,33 euros para a mellora dos camiños de Desabanda e Lavadoiro e Casal do Irigo e O Forno.
En total, 4,8 quilómetros de actuación nesta comarca.
As obras deste Plan Marco foron presentadas esta mañá na sede da Mancomunidade do Ulla-Umia en Portas polo delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do presidente da Mancomunidade e alcalde de Portas, Roberto Vázquez, e o Xefe de Infraestructuras da Xunta, Julian Alvira.
Con eles falabamos en directo en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nesta entrevista de Alba Piñeiro.