O ESPECTACULO "DEZ" DA COMPAÑÍA NOVA GALEGA DE DANZA CHEGA Ó AUDITORIO DE VILAGARCÍA O VINDEIRO SÁBADO 2 DE NOVEMBRO AS NOVE DA NOITE.
Tras dez anos de traxectoria, a compañia Nova Galega de Danza presenta o seu novo espectáculo de baile e danza no que se recollen ás mellores pezas que representaron durante estes anos na procura de reinvéntarse, collendo anacos do pasado e xuntandoós de diferentes maneiras para que todo resulte novidoso.
"DEZ", que así se chama o espectáculo, conta cun elenco de 14 persoas sobre o escenario, no que 7 son bailaríns e os outros 7 son músicos que amenizan en directo esta función, que neste caso, conta cunha nova incorporación na parte musical como é a do músico Germán Diaz que introduce a zanfona e as caixas de música nas melodías de "DEZ".
A dirección artística do espectáculo é de Jaime Pablo Díaz, fundador e coreógrafo da compañía, e a dirección musical corre ó cargo de Pedro Lamas, compositor dalgunhas das pezas que se representan.
Ademaís da actuación en Vilagarcía o vindeiro sábado, a compañía ten previsto ofrecer o seu espectáculo este venres no programa "LUAR", e dúas funcións máis en Galicia, concretamente en Narón e en Ourense onde se pechará esta xira.
O prezo das entradas é de 5 euros e xa se poden adquirir no Auditorio de Vilagarcía e na web www.servinova.com.
Todo ilo, no lo contaba a Concellera de Cultura, Rocío LLovo para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA nunha conversa con Alba Piñeiro na que tamen se falou da visita ó mercado das flores que abriu esta mañá as súas portas.