A mancomunidade do Salnés contará para o ano que ven cun orzamento de preto de 2,5 millóns de euros, que se incrementa nun 5% con respecto ó ano pasado e que será maior tendo en conta as subvencións que procedan doutras administracións.
A entidade supramunicipal seguirá apostando pola prestación conxunta de servicios como sistema de eficiencia no gasto público, mesmo ampliando os principais servicios básicos.
Neste sentido, a mancomunidade manterá os servicios básicos de bacheo de estradas, uso da motoniveladora para mantemento de camiños e pistas, que seguirá rotando por todolos concellos do Salnés, servicio de limpeza dos marxes dos viais, e subministros de auga e recollida de resíduos sólidos urbanos nos concellos de Vilanova, Meis e Cambados.
Precisamente, polo incremento do canon de SOGAMA, o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, está na procura de alternativas que permitan abaratar custes, como poderían ser a planta experimental de Touro e promover a compostaxe no rural.
Tamén se seguirá promovendo o comercio e o turismo cara o exterior, establecéndose por primeira vez unha partida orzamentaria destinada para esta finalidade.
Dentro deste apartado, a entidade comarcal asinará un convenio coa Axencia Galega de Turismo e porá en marcha un proxecto de promoción do turismo gastronómico, financiado polo Grupo de Acción Costeira, baixo a denominación “Producto da Ría de Arousa: un referente mundial”.
De todo elo, falabamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Gonzalo Durán, presidente da Mancomunidade do Salnés, nesta entrevista de Alba Piñeiro.