O Club Náutico de Sanxenxo segue defendendo a lexitimidade dos seus polémicos pantaláns pero agora faino co apoio de colectivos como a Confraría de Pescadores e deportistas olímpicos.
Na rolda de prensa convocada esta mañá pola entidade náutica, o patrón maior do pósito, Sauro Martínez, pronunciábase a favor da construcción dos pantaláns, apoiando algo que consideran xusto e de dereito e condenando as actuacións de boicot e insultos da Plataforma SOS Panadeira.
Segundo a patrón maior da Confraría, os novos pantaláns “permitirán un control dos fondeos e dos resíduos de gasoil e a posibilidad de retírar os rizóns dos barcos anclados durante anos e oxidados”, prexudiciais para usuarios das praias e bañistas .
Tamén en respaldo dos novos pantaláns se manifestaba o deportista olímpico Fernando Echevarri, apuntando que “este tipo de construccións son ecolóxicos e ata beneficiosos porque os moluscos que se despositan neste tipo de pantaláns filtran as augas portuarias, melloran a súa calidade e axudan a formación de peixes”.
Argumentos que resumía dende o Náutico de Sanxenxo, o presidente do Club, Pedro Campos, defendendo a “a obra do pantalán porque non prexudica ás praias senón que, ó contrario, despexa a lámina de auga, limpa os fondos mariños e reduce e ordena os fondeos». Así mesmo, o presidente do Náutico comunicou que a obra é un dos factores que permitiu a consolidación do Centro Nacional de Vela Adaptada.
Pedro Campos asegurou que as obras continuarán mentres os tribunais non lle digan o contrario, prevendo o remate das actuacións, se non hai máis impedimentos, no prazo de dúas semanas, para que estean preparados para Semana Santa.
E sobre a plataforma SOS PANADEIRA, que por certo se manifestaron ás portas do Club Náutico mentres se estaba celebrando a rolda de prensa, Pedro Campos considera que
os que queiran defender a súa postura en contra dos pantaláns o fagan ante os tribunais pero non boicoteando as obras.
O club Náutico de Sanxenxo reuniu esta mañá na comparecencia pública a representantes dos colectivos que respaldan a actuación, relacionados con ámbitos marítimos, mariñeiros e deportivos, e mesmo gastronómicos.
Dando o seu apoio, estiveron presentes os xa mencionados Sauro Martínez e Fernando Echavarri, a tamén deportista olímpica Támara Echegoyen, os presidentes da Federación Española e Galega de Vela , o do Club Náutico de Portonovo, representantes do colectivo de discapacitados COGAMI e o restaurador Pepe Solla,