O persoal do Hospital de O Salnés sumouse este mediodía ás protestas que se están a realizar a nivel de toda Galicia en contra do peche de camas decretado polo SERGAS para este verán.
Para recrear a falta de camas que haberá nos vindeiros meses, traballadores e pacientes do Hospital comarcal realizaron unha concentración deitada sobre o chan do vestibulo do centro e leron un manifesto soliciatando que se paralicen os recortes na sanidade e o peche de camas.
Asegura o SERGAS, que na area sanitaria integrada de Pontevedra e O Salnés, as previsións pasan por clausurar os mesmos servicios que nos anos anteriores, polo que quedarían operativas un 86% das camas totais.
No hospital comarcal, a intención é pechar, como en anos anteriores, a terceira planta, inaugurada no ano 2011 e que nunca estivo ao cento por cento operativa.
A nivel de toda Galicia, o peche será de algo máis dun milleiro de camas, a cifra máis elevada nos últimos dez anos, pero dase a circunstancia de que a cifra das listas de espera tamén é a máis elevada, con preto de 60.000 persoas nas listas en Galicia e centos de pacientes agardando máis de 5 anos por unha internvención quirúrxica.
Segundo o SERGAS, os motivos polos que se decide esa redución son os mesmos que se deron en anos anteriores: as vacacións dunha parte do persoal e a baixa na actividade asistencial durante a tempada estival, cunha caída do índice de ocupación que se produce sempre no verán pola redución estacional de patoloxías nos meses de xullo, agosto e setembro.
O persoal do Hospital de O Salnés, reclamou esta mañá que xa que durante o verán disminue o número de pacientes, deberíase traballar arreo, abrir as camas, facer máis consultas e que os quirófanos esten operativos mañá e tarde para tentar alixerar ás listas de espera, ademáis de crear así novos postos de emprego no Hospital.
Por todo elo, as mobilizacións que se estan realizando en toda Galicia, chegaron tamén ó Hospital de O Salnés, onde tamén estaba a nosa compañeira Alba Piñeiro para saber como se desenvolvía esta protesta coa que os sindicatos do sector sanitario queren facer un chamamento o entender que esta medida vai provocar un grave deterioro na calidad asistencial, con colapsos nos servicios de urxencias e un gran aumento das listas de espera, ademáis de maior paro no sector.
Escoitamos as palabras de Celia Iglesias, de CCOO, nunha entrevistas de Alba Piñeiro ó remate da Concentración Deitada.