O novo edificio da Confraría de O Grove estará operativo a mediados de xullo.
A data anunciaba esta mañá o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que esta mañá visitou as obras de rehabilitación e reforma integral do edificio da Cofradía San Martiño de O Grove que a institución provincial está a piques de rematar cunha inversión de 260.000 euros.
Louzán anunciou que nun prazo de quince días o edificio sería entregado á Confraria para súa operatividade. As obras consistiron na conservación, rehabilitación e mellora do casco externo do emblemático edificio e da total transformación do seu interior.
As oficinas, que antes estaban no primeiro andar, pasaron á planta baixa mellorando sustancialmente a súa accesibilidade e tamaño. Creouse tamén un gran espazo multifuncional para acoller cursos de formación e outras actividades e renovouse por completo o sistema eléctrico, as fiestras, o equipamento do edificio e o sistema de refrixeración, sacando as habituais humidades do local.
Na súa intervención, tanto Louzán como o alcalde de O Grove, Miguel Angel Pérez, e os representantes do pósito, mostraron a súa satisfación polos traballos realizados.
Louzán destacou que a Cofradía de O Grove non só da Servizo a traballadores do mar de O Grove senón doutros puntos como Castrelo, Vilalonga e Meaño.
Pola súa banda, o alcalde Míguel Pérez detallaba as reformas realizadas destacando que será un novo edificio para unha nova confraría, en referencia ó resultado das eleccións do pasado sábado.
I e que no Grove o resultado que da a victoria a la lista continuista de Antonio Otero Aguín é demasiado axustado no colectivo de armadores e por elo, os críticos encabezados por José Luis Barreiro pedirán hoxe na confraría que se faga un novo cómputo.
A mairía sería para a lista que encabeza Antonio Otero, ainda que o que non estará na xunta xeral será o patrón saínte, , Gerardo García, que formaba parte da candidatura oficialista.
A ata o de agora vicepatrona do pósito meco, Dolores Gondar, tamén se felicitaba esta mañá pola reforma da sede da confraría mentres se manteñen á espera dun posible reconto dos votos.