O alcalde de Cambados, Luis Aragunde responde ó PSOE e á denuncia interposta esta semana pola voceira socialista, Fatima Abal ante a Fiscalía de Delictos Económicos, na que establece que o grupo de goberno podería ter incorrido en graves "ilegalidades" con respecto ás retribucións ó persoal.
Na súa resposta, dí Aragunde que é "lexítimo" pagar ós empregados que traballan a maiores do seu horario laboral, e cualifica de "demagóxica e sensacionalista" a denuncia socialista.
O rexedor apunta que "o Concello ten unha grande actividade cultural, deportiva e social, e moitos dos actos que se celebran son fora dos días laborables, polo que moitos operarios teñen que traballar as fins de semana, en festivos ou en datas sinaladas como o Nadal, o Entroido ou a Festa do Albariño, montando infraestruturas, palcos e elementos de produción, ademais de supervisar as actividades,".
E se se trata dun grupo reducido de traballadores é porque, dí Aragunde "pola súa experiencia xa coñecen o funcionamento e a dinámica das actividades e as súas necesidades técnicas, polo que son os operarios que máis horas fan, e ós que hai que pagar polo traballo,".
En canto á situación do arqueólogo municipal, que segundo o PSOE, foi contratado de forma verbal en 2003 e cobra todos os meses 1.400 euros, a pesar de que nunca se convocou ningún expediente público de contrato.
Segundo o alcalde, o arqueólogo factura mensualmente para o concello e é un xeito moito máis económico para as arcas municipais que convocar un contrato público.
Todo elo nolo dicía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.