O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, cos votos a favor do PP e BNG e a abstención do PSOE, o novo pliego de claúsulas económico-administrativas para 66 parcelas do polígono de Barro-Meis.
A modificación das cláusulas rebaixa o prezo do metro cadrado a 105 euros, amplia o plazo de pago ata 10 anos e incrementa o IVE ó 21%.
I e que, segundo avanzou esta mañá o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, hai empresas importantes, das que se dará o nome no seu momento, que desexan instalarse no parque empresarial de Barro-Meis.
As 66 parcelas ocupan un total de 237.354 metros cadrados e o seu prezo será de 105 euros por metro cadrado, máis IVE.
As citadas parcelas poderán ser obxecto de transmisión ou adquisición do dereito de propiedade, ou ben de constitución dun dereito de superficie por un plazo mínimo de 5 anos e un máximo de 25.
Segundo o comunicado emitido pola Deputación, as variacións deste novo pliego, hoxe aprobado, con respecto aos que rexiron en anteriores licitacións, son as seguintes:
Será posible introducir a posibilidade de constituir un dereito de superficie con opción a compra das parcelas
Modificaráse o IVE do 16% e do 18% polo 21% de imperativo legal
O prezo do metro cadrado queda establecido en 105 euros
Amplíanse os plazos de pago, nos casos de cantidades aplazadas, ata un máximo de 10 anos.
Os actuáis propietarios de parcelas resultantes de anteriores concursos públicos poderán acollerse ás mesmas condicións que establece o pliego hoxe aprobado para o aplazamento do prezo de compra-venta pendiente de pago na actualidade.
Coa aprobación das novas condicións sobre as mencionadas 66 parcelas, a Deputación de Pontevedra busca fomentar o desenvolvemento económico e social da provincia ao destinar estes terreos á implantación de iniciativas empresariais que favorezcan a creación de emprego e a realización de inversións.
Paralelamente, a Deputación adxudicará a vindeira semana a creación do viveiro de empresas que se ubicará no polígono de Barro-Meis en colaboración coa Fundación Incyde.
A actuación suporá un investimento de máis de 1,5 millóns de euros e estará rematada para a primavera do ano que ven, coincidindo coa celebración dun Congreso Internacional de viveiros de empresas en Pontevedra.
Son os datos que revelaba esta mañá o presidente da Deputación, Rafael Louzán, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..