Noiteboa complicada para os traballadores de Lantero, que están xa na conta atrás para que a firma faga efectivos os 56 despedimentos.
A dirección da cartoneira oficializou onte en Santiago o fin do período de consultas do ERE extintivo, tal como se agardaba, e sen beneplácito da parte social que xa anunciou que recorrerá o documento nos xulgados.
Ademáis, a asemblea de traballadores decidiu por unanimidade que aqueles que non sexan despedidos en xaneiro van seguir en folga.
Pero de momento hoxe, dispóñense a pasar esta noite en familia.
Nolo contaba para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, Jesús López, o presidente do comité de empresa, nesta conversa con Alba Piñeiro.
Por parte da dirección da empresa, non hai declaracións oficiais dende a última comparecencia pública dos directivos da firma, hai un mes.
Daquela, os integrantes do staff calculaban que a folga indefinida reducira o 40% do seu volume de negocio.
Os responsables do grupo responsabilizan, ademais, o comité de empresa de ter desencadeado a folga de forma irregular, unha acusación que será abordada pola maxistratura laboral de Pontevedra o próximo 14 de xaneiro, no primeiro paso da xudicialización do conflicto.
Asimesmo, a dirección de Lantero culpa ó comité de empresa do fracaso das negociacións por manter posicións maximalistas.