Actualidade local e comarcal deste luns 4 de setembro..
Lonxe das chuvias torrenciais provocadas pola Dana en numerosas zonas de España, nas Rías Baixas comezamos a semana nunha situación de inestabilidade, con ceos entre nubes e claros e probabilidade de chuvascos pola tarde.
As temperaturas mantéñense en valores de verán, entre máximas de 26 graos e mínimas de 17.
Segundo as previsións de Meteogalicia, o tempo seguirá sendo inestable durante toda a semana e as temperaturas empezarán a descender a partir do venres.