Actualidade local e comarcal deste luns 26 de xuño.
Seguimos baixo a influencia anticiclónica nunha xornada na que as brétemas matinais fóronse misturando coa nube de fume da gran vaga de incendios que arrasa Canadá e que, ainda que pareza increíble, viaxou máis de 5.000 quilómetros impulsado polas correntes de aire ata o litoral das rías baixas.
Con todo, segundo os expertos, esta nubosidade sitúase nas capas máis altas da atmósfera e non supón ningún risco para a poboación.
Así que hoxe agárdanos un día de ceos parcialmente cubertos por esa gran nube de fume e con temperaturas que se situarán sobre os 30 graos de máxima e os 18 de mínima.
Segundo as previsións, a influencia anticiclónica continuará durante toda a semana.