Actualidade local e comarcal deste martes 11 de xullo.
Seguimos todavía baixo influencia anticiclónica nunha xornada, sen embargo, de ceos parcialmente nubrados e lonxe da onda de calor que se rexistra en gran parte de España.
As temperaturas máximas non pasarán dos 26 graos mentres que as mínimas quedan nos 15.
De cumprirse as previsións, cara os vindeiros días irá aumentando a inestabilidade coa entrada dunha borrasca na noite do venres que nos deixará chuvias xeneralizadas durante a xornada do sábado.
Xa a partir do domingo, o anticiclón irase recuperando progresivamente.