Actualidade local e comarcal deste martes 21 de febreiro.
Martes de entroido pendentes do tempo nunha xornada na que os mapas de Meteogalicia prevén ceos entre nubes e claros con chuvascos intermitentes de carácter feble que, de cumprirse as previsións, cesarían a partir das 17 horas, momento de inicio de gran parte dos desfiles previstos para hoxe como é o caso de Vilagarcía.
As temperaturas máximas siguen sendo primaverais ainda que baixan ata os 17 graos mentres que as mínimas suben ata os 10.
De cara aos vindeiros días, os mapas reflexan en cada xornada a presencia de chuvias intermitentes que serán intensas o venres pola mañá con temperaturas en descenso.