Actualidade local e comarcal deste luns 16 de xaneiro.
Dúas novas borrascas, das que teñen nome, afectarannos prácticamente durante toda a semana, con chuvias xeneralizadas, fortes ventos e baixada notable das temperaturas, especialmente a partir do mércores.
Hoxe, a borrasca Gerard mantén os ceos cubertos, ventos con rachas de ata os 80 kms hora e precipitacións que poden chegar ata os 40 litros por metro cadrado, especialmente en zonas do interior.
As temperaturas ainda permanecen sen moitos cambios, oscilando entre os 12 de mínima e 14 de máxima.
E tralo paso de Gerard, a borrasca Fien formarase a partir de mañá martes acompañada dunha masa de aire fría con nevadas por baixo dos 400 metros.
A baixada das temperaturas deixaranse notar especialmente dende o mércores con mínimas que caerán ata os 5 graos e máximas que non superarán os 10.