Actualidade local e comarcal deste luns 12 de decembro.
Xornada de temporal causado por unha desas borrascas que teñen nome.
Desta volta, a consecuencia da borrasca Efraín, a Dirección Xeral de Emerxencia decretou alerta amarela en toda a provincia de Pontevedra e no litoral das provincias da Coruña e Lugo por precipitacións acumuladas de ata 60 litros por metro cadrado e ventos con refachos de ata 80 quilómetros por hora.
As chuvias foron intensas durante a mañá para amainar e converterse en chuvascos ao longo da tarde.
A cambio, as temperaturas ascenden a mínimas de 11 graos e máximas de 18.
Cara as vindeiros xornadas, segundo as previsións, continuaremos baixo o dominio das borrascas con chuvias todos os días.