Actualidade local e comarcal mércores 28 de decembro .
Regresan as borrascas concatenadas que nos deixarán chuvias durante os últimos días do ano.
A primeira fronte atlántica cruza hoxe Galicia con precipitacións durante toda a xornada, ainda que as máis intensas agárdanse esta tarde.
Segundo as previsións, mañá xoves será un día de transición con chubascos alternando nubes e claros pero xa na madrugada do venres chega a seguinte fronte con chuvias persistentes e xeneralizadas.
Ademáis, o vento de compoñente sur soprará con forza no litoral.
En canto á xornada de Fin de Ano, unha nova borrasca situada ao oeste de Irlanda enviará unha nova fronte que cruzará Galicia durante as últimas horas do 31 de decembro e a madrugada do 1 de xaneiro.
Así que, se non cambian as prediccións, agárdanos un Fin de Ano entre paraugas.